Figura hórreo piorno de Sargadelos
search
  • Figura hórreo piorno de Sargadelos

Hórreo

105,00 €
05013043
IVA incluido

O hórreo ou piorno é un dos iconos da arquitectura popular de Galicia e Sargadelos, como non podía ser de outro xeito, dedícalle esta pieza.

Reservar produto
1

17 cms de altura.

hórreo é unha construción emblemática da arquitectura tradicional de Galicia. Aínda que se distribúe por todo o territorio da España húmida na que domina o cultivo do millo, o maior número aséntase en Galicia, Asturias e Norte de Portugal. Tanto o hórreo coma o muíño e o forno, son as tres construcións da arquitectura popular máis vinculadas ao millo.

Para poder cumprir coa súa dobre función de gardar e secar o millo, o hórreo ten que dotarse dunha estrutura composta dunha serie de elementos que lle permitan illarse da humidade, defenderse dos ratos e contar cunha boa ventilación, o que require unha base formada por unha cimentación, uns soportes de suspensión coroados por uns obstáculos de pedra chamados tornarratos, e unha cámara que conteña os elementos de peche e cubrición e coas paredes cheas de aberturas que faciliten a circulación do aire e que impidan o paso do sol e as aves.

En canto á súa denominación, ademais do termo hórreo, que é o máis estendido por toda Galicia, tamén existen as denominacións decabaceirocabazo, canastro, canastroPalleiropiorno... as variacións máis numerosas son as que se producen nas bisbarras próximas á costa. Partindo da denominación cabazo no litoral cantábrico, pásase a hórreo no Arco Ártabro e, xa de cheo no Atlántico pasa a ser cabazo por Fisterracabaceira polas terras deCarnota e Muros, e piornopalleiracabastro e canizo na costa pontevedresa ata o río Miño.

Como manifestacións ornamentais, os hórreos ofrecen fermosos traballos de cantería, tanto nas bases coma nos pináculos. Coshórreos, os seus propietarios tratan de manifestar a súa riqueza, por iso dótanos dos complementos artísticos que fan que, ademais, o hórreo se harmonice co medio e coa paisaxe rural. Non obstante, tamén poden denunciar a pobreza do propietario cando están baleiros, como xa advertise Castelao na súa obra As cruces depedra na Galiza. "O hórreo é unha peza de luxo no casal labrego, e polo hórreo xulgamos a pobreza ou riqueza do seu dono. Non hai cousa ninguna tan triste como ver un piorno pequeño que polas súas fendas non amostré máis que o ceo". Castelao, ademais de estudalos, participase nun contenciosos que sostiveron o ano 1919 o concello de Rianxo e o seu pai a causa dun hórreo (nas terrasrianxeiras denominado piorno) situado na súa propiedade que parece que molestaba ao poderoso cacique Viturro.

O lugar preferente para a instalación do hórreo era o espazo privado que forman a casa e algunhas outras construcións, pero en moitas ocasións para mellorar as condicións de aireación, os campesiños agrupaban os hórreos nalgún lugar comunal. As agrupacións dehórreos máis coñecidas talvez sexan as da Merca en Ourense eBornalle na Coruña, pero existen outras de non menor importancia en canto ao seu interese arquitectónico: DodroQuinsVilanovadous Infantes, Sendón, Avión, BetanzosCombarro e Redondela, e non podemos deixar sen mencionar a agrupación de Lindoso en Portugal, unha das máis fermosas pola situación, densidade e características dos hórreos.

O documento máis antigo que existe, que ao mesmo tempo é a primeira imaxe gráfica do hórreo, é a miniatura que ilustra a cantigaCLCCCVII das Cantigas de Santa María do rei Alfonso X o Sabio. Nel preséntase un grupo de tres hórreos de liñas ben estilizadas en estilo gótico, cámara rectangular alongada con cuberta a dúas augas de tella árabe.

05013043