Galería Sargadelos de Vigo leva desde 1990 traballando ao servizo do proxecto ideado por Isaac Díaz Pardo

 

Na actualidade podes atoparnos ao teu servizo nas instalación da céntrica Rúa Urzáiz, número 17, nesta tenda online ou no teléfono 986 220 050

Galería Sargadelos de Vigo creceu en capacidade de convocatoria de tal xeito que tivo que trasladarse e ampliarse desde o seu emprazamento orixinal do ano 1990 no entorno da Rúa do Príncipe á súa vixente localización, a partires do ano 2002. 

Na sede de Sargadelos en Vigo combínase deseño, cerámica, libros, exposicións, conferencias e moitas cousas máis, convertindo á Galería de Sargadelos nun espazo de compromiso coa cultura galega.