Colgantes defensivos

Colección de fetiches ou amuletos de cerámica de Sargadelos con connotacións defensivas.“¡San Silvestre! ¡Meigas fóra!”. Tal é a sentencia que temos na flor dos beizos os galegos cando necesitamos a axuda do santo para librarnos do meigallo. Galicia é un país de meigas, grandes, ruíns, vellas. Semellan armatostes voando nun fungueiro, moi distintas das poucas fadas que nos quedan, que son como donicelas a cabalo de andoriñas. Os inquisidores que nun tempo perseguían as meigas dicían que Galicia está muy afligida de esta plaga.As meigas máis temibles son as chuchonas. Pódese dicir que, dalgún xeito, todos os galegos somos víctimas delas, pero as chuchonas preséntanse con distintas facianas ou coirazas.Para defendernos das meigas hai aparatiños que, ao levalos connosco, os nosos inimigos teñen que pensar o modo de atacar, deixándonos un momentiño para fuxir.Estes aparatiños fabrícanse en Galicia desde tempos sen relembro. Son poucos os galegos que non teñen no seu fogar unha figa traballada nas acibecheiras de Santiago, que, ao vela, a meiga, arredrase caladiña - por medo a se barallar – no barallo da baralla - da vara do barallán. Na actualidade, nos tempos da cibernética, da informática e doutras cousas desas das que as meigas tamén disponen, cumpría diversificar a defensa contra uns inimigos tecnificados que se nos acaroan de moi distintas maneiras. Así, fixéronse unha ducía de especies que a continuación se refiren, coas virtudes que a cada unha corresponde.

Hai 33 produtos.

Amosando 1-15 de 33 artigo(s)

Filtros activos